Inicio:
- Crea unha conta de correo en GMail (igual a dos supostos 1 ou 2 da Práctica nº1)
Google Grupos, Docs e Calendar:
- Únete o grupo de Google jmiquel2010 (igual a dos supostos 1 ou 2 da Práctica nº1)
- Participa no debate "Second Life" do grupo de Google
- Crea unha páxina no grupo de Google onde deixes a túa opinión sobre o curso "Ferramentas para a T&I: Informática"
- Accede a Google Docs e crea un documento de texto
- Crea un cartafol e move o documento dentro do mesmo
- Comparte o documento anterior cun compañeiro do curso
- Publica o documento
- Comproba o historial de revisións do documento
- Accede a Google Calendar e organiza a túa axenda
- Modifica con Microsoft Word o documento de Google Docs que crearas no apartado 5 (precisarás que o complemento OffiSync esté xa instalado no programa) e garda os cambios feitos
- Comproba que no documento de Google Docs incluíronse os cambios feitos (emprega a opción "Show the online version..." de OffiSync)
- Emprega a opción "Web Search" de OffiSync para buscar información sobre algún aspecto incluido no texto do teu documento
- Engade colaboradores ao teu documento empregando a opción "Add or remove collaborators..." de OffiSync
Slideshare:
- Crea unha conta en slideshare
- Engade como favorita algunha presentación relacionada ca túa materia e asígnalle etiquetas
- Atopa usuarios que teñan presentacións que sexan do teu interese e agrega algún deles ós teus contactos
- Únete o grupo jmv2010 de slideshare
Mister-Wong:
- Crea unha conta en Mister-Wong
- Instala a barra de ferramentas ou botóns de favoritos de Mister-Wong no teu navegador (Mozilla Firefox)
- Garda varios favoritos asignándolles etiquetas
- Emprega a etiqueta "jmv2010" con algún marcador
- Busca os marcadores que se engadiron coa etiqueta "jmv2010"
- Comproba que marcadores engadiu algún compañeiro do curso
- Agrega como amigo alguén con ligazóns que sexan do teu interese
Google Reader:
- Accede a Google Reader e subscríbete a algún canal RSS da Universidade (uvigo.tv, bubela, blogdabiblio, ...)
- Subscríbete a outros canais do teu interese (blogs, etiquetas, ...)
- Organiza as túas subscricións en carpetas
- Marca como destacada algunha noticia
Netvibes:
- Crea unha conta en Netvibes
- Engade algúns "widgets"
- Crea unha nova pestana e engade subscricións a canais RSS
Blogger:
- Crea un blog en blogger
- Fai unha entrada presentando os obxectivos do blog
- Escribe outra entrada, comentando un recurso da rede, que conteña imaxes e ligazóns, e asígnalle as etiquetas que consideres adecuadas
- Crea unha sección de "blogrolls"
- Cambia algún aspecto da configuración ou deseño do teu blog
- Fai una entrada e incrusta unha presentación de slideshare
- O mesmo cun vídeo de youtube
- Facilita a sindicación do teu blog
Actividades adicionais:
- Comparte algún documento no grupo de Google jmv2010
- Crea un formulario en Google Docs, envíao por correo electrónico a varios compañeiros e comproba as respostas
- Comparte o teu calendario en Google Calendar
- Publica algunha presentación en slideshare
- Crea un grupo en Míster-Wong, engade varios marcadores e invita a alguén a participar
- Asigna etiquetas a algunhas das noticias dos teus feeds en Google Reader
- Comparte algunha noticia na túa conta pública de Google Reader
- Engade un widget na túa conta de Netvibes para acceder aos teus marcadores de Mister-Wong
- Engade un widget na túa conta de Netvibes para acceder a todos os teus servizos de Google
- Crea unha páxina pública en Netvibes para compartir as túas fontes favoritas
- Publica un documento (pdf, doc, ..) nunha entrada do teu blog
- Crea e inclúe no teu blog unha presentación con fotos
- Inclúe un arquivo de son no teu blog